A Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia despregan en colaboración con 18 concellos lucenses situados no trazado das rutas xacobeas un programa de 80 actuacións de teatro, danza, música, maxia e novo circo durante os próximos cinco meses.
Das 4 actuacións no Concello de Begonte ningunha será en Baamonde!
Unha vez máis os peregrinos do Camiño Norte que pasen ou pernocten en Baamonde non poderán disfrutar das actividades que, en principio, son pensadas tanto para eles como para os habitantes das vilas xacobeas.
Actualización 21/04/13
1ª actuación
CERO. Cero peregrinos asistiron hoxe a primeira das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.
Os peregrinos que pasan a noite no albergue de Baamonde preguntáronse porque as ditas actividades non se facían en pleno trazado do Camiño Norte, e si nunha localidade a seis quilómetros de distancia.
Actualización 05/06/13
2ª actuación
CERO². Cero peregrinos asistiron hoxe a segunda das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.
Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:
1ª (21 de abril): 0
2ª (5 de xuño): 0
Dende aquí, pedímoslle ao responsable destas actividades que rectifique e as próximas 2 actuacións (30 de xuño e 13 de setembro) sexan en Baamonde, en pleno trazado do Camiño Norte e así os peregrinos poidan gozar destas actuacións, que son pensadas tanto para eles como para os habitantes das vilas xacobeas.
Actualización 02/07/13
CERO³. Cero peregrinos asistiron antonte a terceira das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.
Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:
1ª (21 de abril): 0
2ª (5 de xuño): 0
3ª (30 de xuño): 0
Dende aquí, unha vez máis, pedímoslle ao responsable destas actividades que rectifique e a próxima e última actuación (13 de setembro) sexa en Baamonde, en pleno trazado do Camiño Norte e así os peregrinos e habitantes desta vila xacobea poidan gozar destas actuacións, que son pensadas para eles, non para uns habitantes dunha localidade a seis quilómetros de distancia.
Rectifique e non faga máis o ridículo.
Actualización 15/09/14
CERO4. Cero peregrinos asistiron antonte a última das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.
Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:
1ª (21 de abril): 0
2ª (5 de xuño): 0
3ª (30 de xuño): 0
4ª (13 de setembro): 0
Outro ridículo máis dos responsables destas actividades, encabezados polo alcalde e o concellerio de cultura de Begonte.
Ningunha actuación en Baamonde e catro nun lugar a 8 km do trazado do Camiño Norte! ¿Cultura no Camiño ou Cultura onde so interesa?
Di o Tenente de Alcalde que isto “é de traca” e que non temos “nin idea” do que falamos e que nos convida a explicarnos o programa e os requisitos necesarios.
Non fai falla, xa o sabemos mellor que vostedes. Aquí o tedes para quen o queira ler (http://www.galescena.info/gfx/Redes/ciclo22/NormativadefuncionamentoCulturanoCamio2014.pdf.) ¿Algún deses requisitos impide facelo en Baamonde?
Estou cos peregrinos,, teñen toda a razon , esto e unha tomadura de pelo que non sei a donde nos leva
tengo entendido que asistieron 40 personas y que se hace en la casa de la cultura por que en baamonde no hay un lugar adecuado y que repercutiría gastos a mayores
Iso son escusas. En vez de facer 4, fas 3 e ten menos gasto. É unha actividade pensada para os peregrinos e estes non poden gozala.
pode ser,pero esos cartos serían millor emplearlos en dar empleo a xente sin recursos
Eu tamen
Luis Luaña ;tés algo qué decir?
Menos papeles y más Camino!
Aquí tedes todala razón,Luañasssss salid de vuestras madrigueras y dad explicación sensata
Eu non entendo ren tampouco
Seguramente se puxesen pinchos gratis e pelis porno irían maís como diría Javier Varela…..LUAÑAAAAAA
como se entere Luis Luaña, ese concelleiro de cultura xa pode ir dimitiendo
Si…jajajajaj
Todos os peregrinos e veciños deberían disfrutar destas actividades en pleno trazado do Camiño e non nunha localidade situada a seis quilómetros de distancia. É tan sinxelo como iso.