As marchas reivindicativas ‘Este é o Camiño’, que organizan varios colectivos para defender o trazado actual do Camiño Norte, continúan gañando apoios a medida que se van celebrando. Así, na terceira etapa deste calendario de mobilizacións en contra das modificacións da ruta xacobea que propón a Xunta, que saíu de Vilalba, participaron unhas 40 persoas. Os camiñantes saíron do albergue ... Read More »
A comunidade de montes de Baamonde custeará as alegacións polo Camiño
A comunidade de montes da parroquia begontina de Baamonde acordou nunha asemblea celebrada na noite do luns por maioría asumir os gastos que poidan xurdir polas alegacións que poidan presentar os veciños e veciñas desde a plataforma de afectados as modificacións do Camiño Norte propostas pola Xunta de Galicia ao seu paso pola localidade. A orde do día da reunión ... Read More »
Este é o Camiño (Abadín)
Na foto, veciños de Baamonde na saída cara a Abadín Os membros das distintas asociacións e plataformas creadas en contra da modificación do Camiño Norte proposto pola Xunta de Galicia volveron saír á rúa onte dentro da súa iniciativa ‘Este é o Camiño’ coa que percorren un tramo da ruta xacobea partindo das localidades nas que se inician as distintas etapas. Tras a ... Read More »
Rexeitamento e malestar polas declaracións do alcalde
Os veciños de Baamonde mostraron o seu «malestar xeral» polas declaracións realizadas polo alcalde, José Ulla Rocha, por mor da súa reunión coa directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, nas que avanzaba que desde o Concello proporíase unha ruta alternativa desde a localidade begontina ata a ponte de San Alberte a condición de que se mantivese a ruta ... Read More »