Muíña arremete contra a modificación da ruta que leva máis de vinte anos deseñada
A nova proposta de trazado do Camiño Norte segue xerando críticas. Tras os reparos aparecidos no municipio de Begonte, onde a proposta de variar a ruta atopa sobre todo oposición en Baamonde, o Concello de Friol expuxo o seu malestar neste asunto. O alcalde, Antonio Muíña, admite que cando consultou por primeira vez a proposta, reaccionou con «sorpresa» e «estupefacción» ao observar que desaparecía o trazado deseñado hai máis de vinte anos, a principios dos noventa.
Con ese trazado, recorda o alcalde, a ruta pasa por seis parroquias friolenses (Seixón, Miraz, Anxeriz, Anafreita, Nodar e Silvela), mentres que coa nova desaparece do municipio, xa que de Guitiriz se dirixe directamente á provincia da Coruña. O alcalde de Friol desvela que tras a primeira reunión, na que se propuxo ese novo trazado, acordouse outra, na que se constatou o mantemento dese novo itinerario e a conservación do anterior.
Muíña arremete contra esta postura da Xunta, que, di, «a moitos pode prexudicar e a ninguén beneficia»; e destaca tamén que en máis de 20 anos, tempo que leva delimitada a actual ruta, non coñeceu queixas polo trazado.
Me gusta este articulo. Me ayuda mucho para mi trabajo. Thank you !! Besos !!