A comunidade de montes da parroquia begontina de Baamonde acordou nunha asemblea celebrada na noite do luns por maioría asumir os gastos que poidan xurdir polas alegacións que poidan presentar os veciños e veciñas desde a plataforma de afectados as modificacións do Camiño Norte propostas pola Xunta de Galicia ao seu paso pola localidade.
A orde do día da reunión dos comuneiros de Baamonde incluía un punto no que se abordaba especificamente esta problemática, polo que a asistencia á asemblea foi moito máis elevada do habitual.