21/09/2017

A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE BEGONTE OLVIDANSE DE BAAMONDE NA PROGRAMACIÓN DE ‘CULTURA NO CAMIÑO 2014’

3

A Consellería de Cultura e Educación e Turismo de Galicia despregan en colaboración con 18 concellos lucenses situados no trazado das rutas xacobeas un programa de 80 actuacións de teatro, danza, música, maxia e novo circo durante os próximos cinco meses.

Das 4 actuacións no Concello de Begonte ningunha será en Baamonde!

Unha vez máis os peregrinos do Camiño Norte que pasen ou pernocten en Baamonde non poderán disfrutar das actividades que, en principio, son pensadas tanto para eles como para os habitantes das vilas xacobeas.

Actualización 21/04/13

1ª actuación

CERO. Cero peregrinos asistiron hoxe a primeira das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.

Os peregrinos que pasan a noite no albergue de Baamonde preguntáronse porque as ditas actividades non se facían en pleno trazado do Camiño Norte, e si nunha localidade a seis quilómetros de distancia.

Actualización 05/06/13

2ª actuación

CERO². Cero peregrinos asistiron hoxe a segunda das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.

Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:

1ª (21 de abril): 0
2ª (5 de xuño): 0

Dende aquí, pedímoslle ao responsable destas actividades que rectifique e as próximas 2 actuacións (30 de xuño e 13 de setembro) sexan en Baamonde, en pleno trazado do Camiño Norte e así os peregrinos poidan gozar destas actuacións, que son pensadas tanto para eles como para os habitantes das vilas xacobeas.

Actualización 02/07/13

CERO³. Cero peregrinos asistiron antonte a terceira das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.

Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:

1ª (21 de abril): 0
2ª (5 de xuño): 0
3ª (30 de xuño): 0

Dende aquí, unha vez máis, pedímoslle ao responsable destas actividades que rectifique e a próxima e última actuación (13 de setembro) sexa en Baamonde, en pleno trazado do Camiño Norte e así os peregrinos e habitantes desta vila xacobea poidan gozar destas actuacións, que son pensadas para eles, non para uns habitantes dunha localidade a seis quilómetros de distancia.

Rectifique e non faga máis o ridículo.

Actualización 15/09/14

CERO4. Cero peregrinos asistiron antonte a última das catro actividades programadas pola Xunta de Galicia e Concello de Begonte no ciclo “Cultura no Camiño 2014”.

Facemos o reconto dos peregrinos asistentes:

1ª (21 de abril): 0

2ª (5 de xuño): 0

3ª (30 de xuño): 0

4ª (13 de setembro): 0

Outro ridículo máis dos responsables destas actividades, encabezados polo alcalde e o concellerio de cultura de Begonte.

O Camiño Norte sempre pasou e seguirá pasando por Santiago de Baamonde, un lugar con historia, con cultura e tradición.

 

 

 

15 comments

  1. Ningunha actuación en Baamonde e catro nun lugar a 8 km do trazado do Camiño Norte! ¿Cultura no Camiño ou Cultura onde so interesa?

  2. Di o Tenente de Alcalde que isto “é de traca” e que non temos “nin idea” do que falamos e que nos convida a explicarnos o programa e os requisitos necesarios.

    Non fai falla, xa o sabemos mellor que vostedes. Aquí o tedes para quen o queira ler (http://www.galescena.info/gfx/Redes/ciclo22/NormativadefuncionamentoCulturanoCamio2014.pdf.) ¿Algún deses requisitos impide facelo en Baamonde?

  3. Rosa Fernandez Augusto (Vía Facebook)

    Estou cos peregrinos,, teñen toda a razon , esto e unha tomadura de pelo que non sei a donde nos leva

  4. Javier Varela (Vía Facebook)

    tengo entendido que asistieron 40 personas y que se hace en la casa de la cultura por que en baamonde no hay un lugar adecuado y que repercutiría gastos a mayores

    • Iso son escusas. En vez de facer 4, fas 3 e ten menos gasto. É unha actividade pensada para os peregrinos e estes non poden gozala.

      • Javier Varela (Vía Facebook)

        pode ser,pero esos cartos serían millor emplearlos en dar empleo a xente sin recursos

  5. Tino A Rotonda (Vía Facebook)

    Eu tamen

  6. Javier Varela (Vía Facebook)

    Luis Luaña ;tés algo qué decir?

  7. El Camino de Santiago por la Costa. Tramo Asturias y Galicia (Vía Facebook)

    Menos papeles y más Camino!

  8. Javier Varela (Vía Facebook)

    Aquí tedes todala razón,Luañasssss salid de vuestras madrigueras y dad explicación sensata

  9. Gonzalo Varela (Vía Facebook)

    Eu non entendo ren tampouco

  10. JM Luaña (Vía Facebook)

    Seguramente se puxesen pinchos gratis e pelis porno irían maís como diría Javier Varela…..LUAÑAAAAAA

  11. Javier Varela (Vía Facebook)

    como se entere Luis Luaña, ese concelleiro de cultura xa pode ir dimitiendo

  12. Todos os peregrinos e veciños deberían disfrutar destas actividades en pleno trazado do Camiño e non nunha localidade situada a seis quilómetros de distancia. É tan sinxelo como iso.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top