21/09/2017

XERMOLOS REIVINDICA O SENTIDO DOS CAMIÑOS COMA ACOLLIDA ÓS PEREGRINOS

Ante a situación de preocupación que están a vivir poboacións coma Baamonde, Santa Leocadia de Parga, Miraz…, pola posibilidade deprivar o Camiño Norte do seu trazado actual por estas poboacións, e mesmo convertilo nunha alternativa doutro que puido haber primitivamente, a Asociación Xermolos reunida para analizar esta circunstancia, decide apoiar ás e ós veciños porque faise camiño ó andar, e fai décadas tal como recollen as guias oficiais, as e os peregrinos seguen esta rota. E non abonda con marcar trazados e facer mapas nos despachos, o espírito do Camiño de Santiago é acoller ás persoas, emporiso se ergueron pontes, e se abriron hospitais, mosteiros…, e agora alhergues, ou puntos de apoio ó pé do camiño, tamén nestes lugares.

Os técnicos e os políticos que tanto falan da historia, non poden esquecer que o alento do camiño nace da practica evanxelica de Xesús: acoller ó peregrino, compartir o pan e un vaso de auga…, e isto é o que está a facerse cada día nesta rota que queren ningunear agora.

Non desbotamos as investigacións históricas, xa coñecemos o mapa de Cornide, que foi Señor de Mariz, aquí en Guitiriz, pero a historia faise cada día, tamén agora, e neste intre este treito do Camiño está acreditado pola acollida que están a recibir milleiros de peregrinos, como testimuñamos na nosa publicación: “Concha Prado no Camiño Norte”, dedicada a unha muller que entregou a súa vida ó servizo d@s peregrinos no albergue de Baamonde, e que alí onde esté tampouco entende esta distorsión.

Pasaron os tempos de aplanar o ben feito cunha sinatura, tamén sabemos da catedral románica de Compostela, está aí, pero non imos destruir as torres barrocas que ergueron enriba, por ser obra posterior, agora temos que penetrar con moito gozo pola fachada do Obradoiro.

O sentido común do noso pobo e a sabedoría d@s peregrinos non van a abandonar a camiñada deste treito agora posto en cuestión, van seguir compartindo esa acollida agradecida que levan recibindo fai anos e que tamén é historia.

Xermolos reforza o seu compromiso de loitar porque o Camiño Norte sexa declarado Patrimonio Mundial pola Unesco, pero sen minimizar a achega desta etapa. A asociación traballa en “Abrindo Camiño dos Amigos do Camiño Norte de Santiago”, e neste andar e dicir vai comprometerse coas arelas desta comarca.

 Asociación Xermolos de Guitiriz.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top