21/09/2017

VECIÑOS DE BAAMONDE REIXEITAN A MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NORTE CUN MAGOSTO E UNA CHOCOLATA

Despregaron pancartas alusivas a ese malestar nunha festa celebrada onte

Ata un magosto serve en Baamonde para mostrar o rexeitamento á modificación do trazado do Camiño Norte proposto pola Xunta nesta localidade. O malestar pola creación dunha ruta alternativa no tramo que pasa pola vila e diríxese ao municipio de Guitiriz, onde entra pola ponte de San Alberte, quedou patente de novo onte, tras unhas semanas pasadas nas que este foi un dos lugares que máis alzou a voz en defensa do actual itinerario. A festa celebrada onte pola tarde no pavillón contou coa asistencia dunhas 200 persoas, e entre castañas, chocolate, refrescos e doces houbo sitio para pancartas que recollían ese sentimento de oposición. 

En semanas pasadas, en Baamonde xa se colocaron pancartas con ese mesma mensaxe e organizouse unha manifestación. Vecinos da localidade participaron na peregrinación que percorreu, por etapas, diversos tramos do Camiño Norte con saída en Mondoñedo e chegada en Santiago. A asociación veciñal enviou alegacións á Xunta, aínda que por agora non recibiu resposta. A festa de onte estivo organizada por un grupo de mulleres da vila, coa colaboración do colectivo de veciños, e estivo amenizada pola orquestra Stelar Son.

Texto: Xosé María Palacios (La Voz de Galicia)
Imaxes: Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde

One comment

  1. javier varela (Vía Youtube)

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top