O pasado 8 de xullo, o estadounidense Will Rayder e o seu fillo Aydan, de nove anos, empezaban un camiño físico e espiritual que os conducirá, primeiro, ata Santiago de Compostela e de aí, ata ao cabo do mundo, a Finisterre.
Miles de quilómetros separan o seu Salem natal, no estado de Massachusetts, de Baamonde, onde onte recuperaban forzas no restaurante Galicia. Pero as distancias non parecen importar cando se trata de compartir tempo «de calidade» e unha experiencia única, pai e fillo, que talvez no futuro fose máis difícil de realizar.