21/09/2017

Rexeitamento e malestar polas declaracións do alcalde

566830Os veciños de Baamonde mostraron o seu «malestar xeral» polas declaracións realizadas polo alcalde, José Ulla Rocha, por mor da súa reunión coa directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, nas que avanzaba que desde o Concello proporíase unha ruta alternativa desde a localidade begontina ata a ponte de San Alberte a condición de que se mantivese a ruta xacobea polo centro urbano.

«Os veciños de Baamonde rexeitamos a modificación do trazado actual do Camiño Norte de Santiago, así como a creación de variantes alternativas ao»mesmo , explican nun comunicado.

Recalcan ademais que a súa principal reclamación é «que se respecte o actual trazado», manténdose «inamovibles e inflexibles nesta postura, que foi a inicial sen modificación ningunha».

Begonte negocia con Patrimonio as modificacións do Camiño Norte

O Concello de Begonte presentará ante a Xunta unha alternativa á modificación proposta por Patrimonio para o Camiño Norte ao seu paso por Baamonde. Proporá que a ruta xacobea transcorra polo centro urbano da citada localidade. Ésta é unha das conclusións ás que se chegou na reunión que mantiveron onte o rexedor begontino, o popular José Ulla, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.

Ulla Rocha expuxo neste encontro que se presentarán alegacións ás modificacións, pero só ás que afectan o núcleo de Baamonde. Así, apuntou que tanto o Concello como os veciños están «de acordo» cos cambios ata a chegada ao pobo, pero que, unha vez nel, non o están con que continúe pola rúa do colexio, senón que piden que pase polas beirarrúas da estrada que vén desde Vilalba.

Pancartas en sinal de rexeitamento

A lema ‘Modificación do Camiño non’ xa é todo un símbolo do rexeitamento de asociacións e veciños aos cambios previstos pola Xunta no Camiño Norte. Pódese ver en pancartas colocadas nos pobos afectados, como Baamonde, e nas marchas previstas, como na de hoxe en Abadín.

Texto e imaxe: María Roca (El Progreso)

2 comments

  1. SANTALLA (Vía elprogreso.es)

    Embusteiro. Ainda nos vai querer marcar un jolaso.

    Gol de Roberto Lago!

  2. Bugliot (Vía elprogreso.es)

    Si el camino está consolidado para que mas vueltas, en este país estaremos siempre igual, nunca estaremos conformes con nada, así nos luce el pelo ¡Que viva San Froilán!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top