21/09/2017

Os veciños de Baamonde ven pouca seguridade no novo Camiño

Defenden, en contra dos técnicos, que o trazado proposto pola Xunta discorre por pistas sen beiravía e por un paso inundable

Os membros da asociación de veciños Montenegro de Baamonde, reactivada recentemente ante o posible cambio de trazado do Camiño Norte ao seu paso pola localidade, defenden que a ruta actual é «segura», en contra das declaracións dos técnicos da Xunta, que alegan unha maior garantía e protección para o peregrino polo novo trazado.

«Desde a entrada á vila de Baamonde, o Camiño discorre polas beirarrúas coas que conta o núcleo a cada lado da N-634», indican desde a asociación, mentres destacan que a estrada conta con pasos de peóns no centro urbano e amplas beiravías unha vez que cruza a localidade. «Ademais, hai unha franxa de terreo entre a vía férrea e a propia calzada, que se podería acondicionar como vía peonil», engaden.

1380797_1426461700900303_2068345723_n

«No trazado do Camiño Norte, quizais hai intereses creados», di  Marcial Rodríguez, un dos arquitectos que fixo o novo trazado.

Os técnicos non comparten os temores dos veciños, subliñan que a ruta segue pasando pola localidade, e agregan que a modificación responde a motivos de seguridade, ao apartala da actual proximidade á estrada N-VI, e de mellora ambiental, ao achegala á canle do río Parga.

Unha peregrinación por etapas -a máis recente, o sábado- e unha manifestación en Baamonde -convocada para o sábado- exteriorizan un malestar que os técnicos reciben con certa sorpresa. «Quizais hai intereses creados, xente que ten negocios…», di Rodríguez. «É ou de sempre: a torta hai que repartila. Ao final, creo que hai sobre todo intereses económicos»

Texto: El Progreso y La Voz de Galicia

4 comments

  1. Jose Gomez Rey (Vía Facebook)

    Señores técnicos, y señor Rodríguez ustedes non están trabajando de voluntario, están cobrando muy bien por hacer un servicio que deja a desear como conseguirán el puesto que están ocupando. Si hay buena voluntad se busca esa seguridad sin afectar a los que viven del peregrino. Para mi en verdad hay otros intereses “ocultos” como siempre. Dejad ya de tocar n.. y arreglar lo que realmente esta mal, que vuestro servicio deja mucho que desear.

    Sr. Rodriguez, que tal se usted repartiera la tarta “su sueldo”, entre todos los afectados ???????????

  2. Javier Varela (Vía Facebook)

    Xa está , vou poñer un nejosio de alquilere de lanchas pa os pelegrins

  3. Jose Gomez Rey (Vía Facebook)

    Es lógico que haya intereses creados a raiz de un trazado histórico. En la ciudad de Santiago de Compostela ¿no existen intereses comerciales desde hace más de mil años derivados de la peregrinación a la tumba del Apóstol? Señor Rodríguez, antes de estigmatizar y poner bajo sospecha a una población que defiende su historia y su economía, díganos cuáles son sus verdaderos intereses y los de sus superiores con el nuevo trazado del Camino. Aclárenlo ya.

    Señores técnicos, después de tantos años los peregrinos pasando por este camino, y como bien dice este articulo en este periódico, dejen ya de tonterías y hacer a caso a las reivindicaciones.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top