21/09/2017

O alcalde de Friol confía na «sensibilidade» do presidente da Xunta para conservar o trazado do Camiño de Santiago

Antonio Muíña mostrouse moi crítico coa creación dunha variante da ruta do Norte no final da provincia

O alcalde de Friol, Antonio Muíña, dirixiuse por carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, confiando na súa «sensibilidade» e no seu «sentido común» para evitar que no municipio se trace unha variante do Camiño Norte na saída da provincia de Lugo cara á da Coruña. A posibilidade de que a ruta discorra tamén máis ao norte, por parroquias de Guitiriz, xerou un notable rexeitamento no Concello de Friol, igual que en parroquias dos veciños municipios de Begonte e de Guitiriz.

As alegacións do Concello friolense aprobáronse por unanimidade (PP, PSOE e BNG), e logo a Deputación, noutro pleno, pronunciouse tamén en defensa do actua trazado e en contra de variacións. Tamén o Concello de Begonte rexeita que o tramo de Baamonde a San Alberte (Guitiriz) sufra modificacións, e alegou ante a Xunta, nunha postura debatida nun pleno celebrado o venres, en defensa do actual itinerario, que discorre polas marxes da N-VI.

Protestas e análises

A alteración do trazado galego do Camiño Norte, con variantes ou con novos trazados que invalidan algúns tramos actuais, levantou malestar nas provincias de Lugo e da Coruña. En localidades como Baamonde o rexeitamento hase exteriorizado coa colocación de pancartas e a convocatoria dunha manifestación, que tivo lugar o mes pasado. Doutra banda, asociacións sociais e culturais organizaron un percorrido pola ruta con varias etapas, comezando en Mondoñedo e acabando en Santiago.

Para analizar os pasos dados desde que organismos públicos e entidades de todo tipo empezaron a situarse en defensa do actual trazado, esta tarde celebrouse, no consistorio de Friol, unha reunión á que acudiron Antonio Muíña e representantes de diversos colectivos. O alcalde precisou que a convocatoria fora dirixido só a asociacións do municipio, aunquie ao final acudiron representantes doutras de Begonte e de Guitiriz que comparten actividade con algunha de Friol.

Texto: La Voz de Galicia

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top