26/07/2017

Frecha Humana Amarela (Baamonde-Santiago de Compostela)

O evento “Frecha Humana Amarela” é un paso adiante na confirmación do itinerario actual do Camiño Norte de Santiago que foi reestudiado no ano 1992, data desde a que este itinerario forma parte da historia recente de Galicia e do histórico fenómeno Xacobeo.

Consiste nunha acción artistica, co fin de promocionar e revitalizar en tódolos sentidos (cultural, turistico, comercial, etc) a vida das persoas que viven no entorno do trazado histórico deste Camiño.

Esta acción inscrita no Guinness World Records, trata de conseguir a máxima trascendencia posible.

Por iso dende esta plataforma composta por: Asociacón de veciños Montenegro de Baamonde, Asociación de Amigos da Etapa 31 do Camiño Norte (Guitiriz), Asociación de empresarios de Sobrado, e Asociación de empresarios de Arzúa, convocamos a tod@s @s que queiran participar neste evento, o día 14 de decembro as 8:00 en Baamonde onde comenzaremos a accíón.

Esta acción consiste en percorrer tramos dos pobos polos que transcure o itinerario actual do Camiño Norte de Santiago. Vestidos con chubasqueiros amarelos e formando unha gran frecha humana.

Comenzaremos en Baamonde onde faremos un tramo deica a saida desta poboación, onde todos aqueles que esteñan inscritos han de subir nos autocares dispostos  para este evento, que nos trasladaran deica as proximidades da ponte de San Alberte,  onde faremos outro tamo andando deica a igrexa de Sambreixo. Neste lugar volveremos a subir os autobuses e dende ali iremos a Miraz, onde faremos outro pequeno tramo, e dende ali nos dirixiremos a Sobrado, onde volveremos a facer outro percorrido dende a Lagoa  da dita poboación deica o centro médico que se atopa na saida, e dende este punto, nos autocares, iremos a Arzúa, onde faremos outro pequeno percorrido dende o pavillón de deportes do Viso, ata a confluencia co Camiño Frances, e dende ali a saida da poboación.

Despois de facer o percorrido en Arzúa xantaremos a carón do pavillón de deportes do Viso.

Cando finalicemos, aorredor das 15:30 horas, dirixiremosnos a Santiago de Compostela, onde pararemos na rua das Fontiñas e iniciaremos a última etapa ata a Praza do  Obradoiro, onde finalizará o evento, ainda que non a viaxe xa que dende alí iremos hacia o estaicionamento de autobuses, ubicado en Xoan XXIII, onde retornaremos a Baamonde.

Pica aquí para ver a noticia na televisión (TVG e TIC) e na prensa (La Voz de Galicia, El Progreso. Praza Pública, Atlantico)

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top