As marchas reivindicativas ‘Este é o Camiño’, que organizan varios colectivos para defender o trazado actual do Camiño Norte, continúan gañando apoios a medida que se van celebrando. Así, na terceira etapa deste calendario de mobilizacións en contra das modificacións da ruta xacobea que propón a Xunta, que saíu de Vilalba, participaron unhas 40 persoas.
Os camiñantes saíron do albergue da capital chairega e percorreron un tramo da ruta ata a Praza da Constitución, onde se leu un manifesto en defensa do actual Camiño.
Texto e imaxe: Maria Roca (El Progreso)