21/09/2017

Este é o Camiño (Santiago de Compostela)

scale (1)A peregrinación reivindicativa do Camiño Norte entrou esta mañá na Praza do Obradoiro baixo un chuvieiro

A Deputación enfróntase coa Xunta, e pide que se manteña o trazado en Terra Chá

O Camiño Norte non parece librarse nas últimas semanas de contratempos e polémicas. A decisión de variar o trazado nalgún punto e de introducir alternativas noutros xerou unha notable controversia, plasmada en protestas como a que esta mañá se viviu na Praza do Obradoiro, final das rutas xacobeas.

Os promotores do percorrido por varios tramos da ruta, iniciado en Mondoñedo hai varias semanas, madrugaron para viaxar en autocares e en coches particulares a Santiago, onde percorreron varios centenares de metros cara á catedral. Ante a fachada principal do templo despregaron de novo unha pancarta coa súa mensaxe de rexeitamento aos cambios de trazado e de oposición a modificacións. Un forte chuvieiro acompañou aos peregrinos, entre os que figuraba unha nutrida representación de Baamonde, localidade onde as críticas ás variacións propostas pola Xunta recibíronse con oposición. A asociación local de veciños agradeceu a actitude dos que viaxaron á capital galega.

As protestas, que o sábado pasado motivaron sendas manifestacións en Arzúa e en Baamonde, non se detiveron coa conclusión desta peregrinación, xa que para o sábado pola tarde está prevista unha nova concentración en Guitiriz. A asociacón veciñal de Baamonde pediu ademais aos deputados provinciais que se pronuncien sobre o asunto aínda que sen entrar en discusións partidarias.

Mentres tanto, o goberno provincial, en mans do PSOE e do BNG, anunciou hoxe que pide á Xunta a conservación do actual trazado, apoiado, segundo manifestou o deputado Álvaro Santos, pola súa consolidación nas dúas últimas décadas. A Deputación reclama que se manteña o itinerario nos concellos de Begonte, Guitiriz e Friol, nos que se propuxeron modificacións.

Texto: Xosé María Palacios

Imaxes: Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top