21/09/2017

‘Cultura no Camiño’? volve para facer un 04

2

‘Cultura no Camiño’ volverá achegar a Vilalba e Begonte espectáculos teatrais e de maxia

O ciclo dispón dun cartel para a comarca con espectáculos teatrais, de maxia e contacontos. Un dos colectivos da comarca que defende o actual trazado do Camiño Norte pide a “rectificación” da Xunta e o Concello para o traslado dunha nova actividade en Begonte cara a Baamonde, en “pleno trazado do Camiño”.

O programa Cultura no Camiño achega de novo a dous municipios chairegos incluídos na ruta do Camiño Norte de Santiago representacións teatrais e espectáculos de maxia despois das actividades propostas entre abril e xuño en Begonte e Vilalba.

O programa, impulsado dende a Consellería de Educación, Cultura e Educación Universitaria xunto con Turismo de Galicia, conta tamén co patrocinio de Gadis para presentar un cartel que durante o este mes de agosto dispón de 19 datas ocupadas por algunha actividade cultural na provincia lucense.

Así, este ciclo encadrado dentro da conmemoración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, chegará á capital da comarca o xoves 28 de agosto con varias espectáculos de maxia. A partir das doce da mañá na Praza da Constitución Creacións Máxicas Lirolai ofrecerá os espectáculos ‘Onde está o mago Antón?’, ‘Maxia de Preto’ e ‘Maxia de aquí e acolá’ que se estenderán ao longo da xornada.

Así mesmo, o mércores 3 de setembro Ghazafelhos ofrecerán unha representación teatral dirixida ao público infantil a partir das sete da tarde no mesmo emprazamento baixo a denominación ‘Contos de lobo’.

Posteriormente, e para concluír as propostas culturais deste programa na comarca, o sábado 13 de setembro será o municipio begontino o que reciba de novo as actividades de ‘Cultura no Camiño’. A partir das cinco da tarde a Casa da Cultura acollerá o espectáculo teatral ‘Os perseguidores de soños’ da man de Pinchacarneiro.

“Cero” peregrinos en Begonte

Baixo o eslogan “CERO” a Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde piden aos responsables da programación de ‘Cultura no Camiño’ que rectifiquen a última actividade proposta para o municipio begontino se realice en Baamonde. Cren que “tanto veciños coma peregrinos deberían disfrutar destas actividades en pleno trazado do Camiño e non nunha localidade situada a seis quilómetros de distancia”.

O seu eslogan fai referencia ao número de peregrinos que asistiron ás tres primeiras actividades programas en Begonte: “cero”.

Texto noticia: terrachaxa.com

2 comments

  1. Javier Varela (Vía Facebook)

    Había 1 peregrino en una actuación

  2. Javier Varela (Vía Facebook)

    Era Luis Luaña Disfrazado

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top