21/09/2017

Baamonde defende o actual trazado do Camiño Norte ao seu paso pola localidade

Os veciños e veciñas de Baamonde están a preparar alegacións ao novo trazado do Camiño Norte defendendo “o trazado histórico” e o “valor cultural” que os peregrinos perderían ao desvialos da localidade. O prazo de presentación destas alegacións remata a comezos de novembro, xa que a resolución foi publicada no DOG do 4 de setembro cun período hábil para presentar alegacións de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Os veciños e veciñas de Baamonde unen forzas para defender “o trazado histórico” do Camiño Norte ao seu paso polo núcleo urbano.

Trala publicación no DOG da resolución pola que se incoa o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago do Norte, tamén coñecido como ruta da Costa; mobilizáronse para presentar as alegacións ao novo trazado que recolle o expediente incoado, que se pode consultar nos Concellos afectados pola ruta, e que modifica o actual facéndoo transcurrir por “un paso inferior da vía do tren antes de entrar en Baamonde, que no inverno de inunda día sí e día tamén; e para facelo saír despois en  San Alberte, pero sen pasar pola ponte”,  segundo se queixan os veciños.

Ademais, pregúntanse “se ata agora pasaba por aquí, por que o van cambiar de sitio?. Estarían quitando a cultura do Camiño ao desviar aos peregrinos da Igrexa de Santiago de Baamonde, do S. XII; do Castiñeiro Milenario, único no mundo ao albergar unha capela no seu interior; e da propia ponte de San Alberte”, como manifestan dende a Asociación de Veciños Montenegro,  que ven de recuperarse tras varios anos sen actividade. Nese mesmo sentido, engaden que “para ver só natureza, xa están as rutas de sendeirismo”.

Segundo os veciños e veciñas do lugar, “a propia documentación e incluso un técnico da Xunta recoñecen que o actual é o trazado histórico; pero parece que o queren desviar da estrada”.

Ademais de traballar nas súas propias alegacións, “á parte das do Concello que está a preparar as súas, pero que non nos convencen”, a asociación está a recoller sinaturas de apoio á súa postura nos establecementos de Baamonde con moi boa resposta; xa que “a xente estase a solidarizar”. Así mesmo, e de xeito simbólico, crearon unha páxina en facebook baixo o nome “Plataforma en Defensa do Actual Trazado do Camiño Norte en Baamonde” e recollen sinaturas a través da web www.change.org co obxectivo de apoiar a súa causa.

Xermolos reivindica o sentido dos camiños como acollida aos peregrinos

Ante a situación de preocupación que están a vivir localidades coma Baamonde, Santa Leocadia de Parga ou Miraz pola posibilidade de privar o Camiño Norte do seu trazado actual por estes lugares, a Asociación Xermolos reunida decide apoiar ás e ós veciños porque “faise camiño ao andar”. Dende Xermolos recordan que fai décadas, tal como recollen as guías oficiais, que as e os peregrinos seguen esta ruta. Así mesmo, engaden que “non abonda con marcar trazados e facer mapas nos despachos. O espírito do Camiño de Santiago é acoller ás persoas, polo que se ergueron pontes e se abriron hospitais, mosteiros… e agora, albergues ou puntos de apoio ao pé do camiño, tamén nestes lugares”.

Texto: terrachaxa.com

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top