21/09/2017

Alegacións Deputación de Lugo

A Deputación fixo chegar á Dirección Xeral de Patrimonio as súas alegacións contra a modificación do actual trazado do Camiño Norte, concretamente, na Etapa 31, ao seu paso polos concellos de Friol, Guitiriz e Begonte.

O deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos Ramos, e a deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, entregaron, persoalmente, no Rexistro da Xunta en Lugo as alegacións, elaboradas desde o departamento que Santos Ramos dirixe en resposta ás demandas veciñais.

O propio Álvaro Santos fíxose cargo da elaboración dunha proposta de alegacións, que presentou na sesión plenaria e que contou co respaldo de todos os representantes na Corporación Provincial. As alegacións da Deputación baséanse nos seguintes aspectos:

  1. Lexitimidade histórica. O actual trazado do Camiño Norte é froito dun rigoroso estudo, que financiou e elaborou a Deputación de Lugo en 1991, e no que participaron prestixiosos historiadores. Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo asumiron este trazado e sometérono a exposición pública no 1997, non recibindo alegación algunha. Agora, a proposta da Xunta desmonta dito estudo, ó apuntar que a orixe do Camiño Norte data de finais do século XVIII e principios do XIX, omitindo, deste xeito, a influencia dos camiños medievais do século IX e do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago.
  2. Impacto no tecido socioeconómico. A Xunta propuxo modificar o actual Camiño sen coñecer as súas consecuencias, ao non realizar, previamente, un estudo de impacto económico, social e cultural. O Goberno galego non tivo en conta os 20 negocios situados no contorno da Etapa 31 ao seu paso pola provincia, cuxa actividade depende, directamente, do Camiño (locais de hostalería, turismo rural, comercios, albergues, centro de atención aos peregrinos..). Coa proposta da Xunta, os peregrinos non discorrerán por albergues ou lugares de interese turístico, como por exemplo o Castiñeiro Milenario, afectando, principalmente, 8 parroquias: 6 de Friol (Seixón, Miraz, Anxeriz, Anafreita, San Mamede de Nodar e Silvela) e 2 de Guitiriz ( Santa Leocadia e San Breixo). A proposta do Executivo autonómico condena a ducias de establecementos ao seu peche, destruíndo emprego no rural e agravando a sangría demográfica.
  3. Seguridade dos peregrinos. O trazado que propón a Xunta non aparece nas guías, non conta con sinalización e transcorre por puntos asolagados, poñendo en riscos os peregrinos.

A continuación reproducimos íntegra a proposta que se discutiu no pleno da Deputación o pasado martes 29 de outubro e que foi aprobada por UNANIMIDADE.

536923_1429194073960399_1099303461_n

ALEGACIÓNS Á MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NORTE A SANTIAGO DE COMPOSTELA (CAMIÑO DA COSTA).

Logo de ver as diferentes solicitudes recibidas nesta Deputación Provincial, demandando desta a súa oposición e amparo ante a proposta de modificación do trazado actual do Camiño do Norte, ruta da costa, ao longo da actual Etapa 31, ao seu paso polos concellos de Begonte, Guitiriz e Friol e tendo en conta os seguinte antecedentes:Logo de ver a Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de 9 de agosto de 2013, DOGA 4 de setembro de 2013, pola que se incoa o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa, procedemento que se somete a trámite de información pública, polo prazo de 2 meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta no DOGA.Tendo en conta que boa parte do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa, discorre pola provincia de Lugo e que foi esta institución a que promoveu e custeou a delimitación do trazado actual, no ano 1991, o cal foi asumido pola Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo chegando a sometelo a exposición pública, no ano 1997, sen terse coñecido discusións sobre a validez do trazado proposto e xa desenvolto.Despois de saber que diferentes administracións investiron importantes cantidades de diñeiro público para a súa dotación e posta en valor: sinalización, acondicionamento, edición de guías, programas de difusión, construción de albergues e outras.Tras saber que a iniciativa privada de entidades establecidas na contorna do Camiño ou ben emprendedores que souberon aproveitalo como recurso para a implantación de actividades económicas que xeraran maiores posibilidades de vivir no medio rural, freando así a sangría demográfica e colaborando tamén no mantemento ou mellora dos recursos culturais, etnográficos, naturais e patrimoniais que rodean o Camiño.Tras saber que os peregrinos, razón de ser de calquera Camiño de Peregrinación a Santiago, teñen asumido o itinerario actual coma o único válido e que o número destes foi medrando continuamente ao longo destes 22 anos, permítenos afirmar que o trazado actual está perfectamente consolidado e confirmar así que o estudo histórico promovido no seu día por esta Deputación recollía, con rigor indiscutible, os antecedentes históricos. Estudo que se fundamenta na análise histórica dos camiños medievais que son os que recoñecidamente seguían os peregrinos que viñan a Santiago, naqueles séculos de verdadeiro apoxeo. Non obstante, nos estudos nos que se apoia a proposta actual non hai referencias a estes camiños da época medieval, entendemos que intencionadamente, deixando entrever que as peregrinacións a Santiago polo Camiño Norte terían comezado a finais do século XVIII e non na época medieval; cando calquera estudo histórico rigoroso nos permite afirmar que a orixe da peregrinación a Santiago, pola ruta da costa astur-galaica, se remonta aos momentos inmediatamente posteriores ao descubrimento da tumba do apóstolo Santiago o Maior (cara ao 820). Os camiños do antigo Reino de Asturias foron pioneiros en canalizar peregrinos a Santiago.A ruta da costa gozou dunha vitalidade semellante á dos demais camiños xacobeos “primitivos” antes de que, nos s. XI-XII, os monarcas hispanos potenciasen o Camiño Francés como itinerario xacobeo privilexiado, vertebrando os reinos cristiáns do norte peninsular. A promoción do Camiño Francés, non entanto, non supuxo a decadencia dos camiños astur-galaicos, xa que se potenciou a peregrinación no tramo León-Oviedo, desde finais do s. XI.O Camiño do Norte non é un camiño costeiro local, para uso exclusivo dos asturianos e ribeiráns. A través dunha ruta medieval, constitúese unha corrente xacobea internacional canalizada cara aos santuarios de Oviedo e Santiago de Compostela, non tan nutrida como a do Camiño Francés, pero cunha vitalidade constatable ata o século XVIII. Estes peregrinos viñan por terra desde Francia, ou por mar, recalando nos portos vascos e cántabros, procedentes de países atlánticos (Inglaterra, Flandes, Alemaña e países escandinavos). Despois camiñaban cara ao santuario de San Salvador de Oviedo e á catedral de Santiago.A ruta xacobea do norte sae de Baamonde pola N-VIN, paralela ao ferrocarril e ao río Parga. Máis tarde, o camiño entra no municipio de Guitiriz, discorre a través da pintoresca paisaxe que rodea a capela de Santo Alberte e continúa rumbo a San Breixo de Parga e Santa Locaia para meterse no Concello de Friol pola Parroquia de Seixón continuando por Miraz, Anxeriz, Anafreita, San Mamede de Nodar e Silvela, onde o peregrino ou viaxeiro pode atopar unha ampla oferta cultural, patrimonial e de servizos.Fundamentándose no que se leva exposto, diríxese ao Pleno da Corporación Provincial a adopción do seguinte acordo:Formular diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e do Comité Asesor do Camiño de Santiago as presentes alegacións e trasladar estas ás administracións competentes na materia, así como ao propio conselleiro de Cultura, ao presidente da Xunta de Galicia, como ao ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos, organismo oficial da UNESCO en España), para o seu recoñecemento como Camiño de Santiago Norte, camiño da costa:- Rexeitamento das modificacións propostas, na actual Etapa 31 do Camiño do Norte, ruta da costa, ao seu paso polos concellos de Begonte, Guitiriz e Friol, mantendo o actual trazado sen variacións nin alternativas. – Eliminación das modificacións e as novas alternativas propostas por non estar fundamentadas historicamente sobre camiños medievais e si sobre camiños dos séculos XVIII e XIX, moi posteriores á época de apoxeo da Peregrinación a Santiago de Compostela que coincide co Medievo e a partir do século IX (descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago). Manter o trazado actual, promovido e financiado por esta Deputación e fundamentado en estudos elaborados por recoñecidos expertos en historia baseados, á súa vez, en fontes e cartografía de valor incontestable sobre os camiños históricos de Galicia na época medieval.- Na proposta non se contempla ningunha avaliación do impacto sobre o territorio e os seus cidadáns, o grave prexuízo económico, social e cultural que representarían para os habitantes, prestadores de servizos e comerciantes do trazado actual as modificacións e alternativas propostas; condenando negocios, postos de traballo e emprendedores que recentemente ou na actualidade invisten na ampliación ou posta en marcha de actividades a un futuro, cando menos, moi incerto ou á súa desaparición.- A modificación promovida pola Xunta de Galicia ao seu paso por Baamonde fai que os peregrinos pasen afastados de servizos e elementos de necesidade como o albergue ou de interese como o Castiñeiro Milenario ou outras ofertas culturais, derivándoos a un novo trazado que pode significar incluso un risco para a súa integridade física, ao pasar por unha zona frecuentemente asolagada, que ademais pode afectar á orientación dos camiñantes, ao atoparse cun tramo intransitable, tendo que desviarse por zonas non sinalizadas e que non coñecen.- A alternativa proposta pola Xunta de Galicia, que incorpora unha nova variante que vai dirección Sobrado dende o Lugar das Penas, na parroquia de San Breixo, do Concello de Guitiriz, sen pasar polo Concello de Friol, por onde actualmente está consolidado o Camiño do Norte, ademais da falta do rigor histórico exposto ten unha afectación especial aos recursos económicos da contorna, na que se creou un importante tecido económico e social, atopándose na actualidade en fase de desenvolvemento novos investimentos xeradores de recursos e emprego, afectando a máis de 20 actividades e servizos (locais de hostalería, turismo rural, comercios, albergues, centro de atención ao peregrino, artesanía, taxis…) que se verían gravemente prexudicados coa aprobación da alternativa promovida pola Xunta de Galicia e, máis, se como se intúe, invisten esforzos en potenciar esta en detrimento da actual e consolidada polas parroquias de Santa Locaia, do Concello de Guitiriz, Seixón, Miraz, Anxeriz, Anafreita, San Mamede de Nodar e Silvela, do Concello de Friol. A Xunta de Galicia debe ter en conta o estado no que se atopa a alternativa proposta en canto á propiedade e existencia real de camiños (pois está delimitada por terreos pechados e algúns en explotación agrícola ou forestal nos que non existe actualmente ningunha vía pública), así como a repercusión que pode ter para os propios peregrinos o camiñar durante quilómetros sen ningún servizo de apoio nin lugar onde, cando menos, descansar comodamente.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top