21/09/2017

A polémica do Camiño chega ao Pleno do Concello

O PSOE de Begonte rexeitará no Pleno a modificación do Camiño Norte realizada “a escondidas dos veciños”

Serafín Otero anunciou o apoio do PSOE de Begonte no Pleno á proposta dos veciños de Baamonde.

Os socialistas votarán en contra da proposta do goberno municipal, co obxectivo de respaldar decididamente as numerosas protestas levadas a cabo polos cidadáns, ó considerar que o que está a facer o Alcalde “é gobernar de costas ós seus veciños”.

O voceiro municipal socialista de Begonte, Serafín Otero, anunciou este mércores que o PSOE “apoiará decididamente” no Pleno que celebrará este xoves a Corporación local a proposta dos veciños de Baamonde sobre a modificación do trazado do Camiño Norte, e que inclúe o mantemento do actual trazado, ó seu paso por esta localidade. Neste senso, o socialista subraia que “mañá estaremos con todos os afectados. Non sabemos con que obxecto a Xunta decicidiu cambiar o trazado. Por este motivo, anunciamos que o equipo de goberno non vai ter o noso apoio”.

Deste xeito, os socialistas respaldan as numerosas protestas realizadas polos cidadáns en repulsa á ruta alternativa que propón a Xunta de Galicia, e que é respaldada polo Concello no treito que vai dende a localidade begontina ata a ponte de San Alberte. Por tanto, Serafín Otero, en concorcordancia coa iniciativa dos cidadáns, asegura que “manterémonos inamovibles na nosa postura porque o que están a facer é gobernar de costas ós seus veciños. Así non se poden facer as cousas. O Concello antepón os seus intereses ás necesidades dos cidadáns, e nós non o imos a permitir”, concluíu.

En ningún momento, o PP contou cos afectados
A este respecto, o socialista critica que o Alcalde begontino, José Ulla, aproveitase a reunión coa directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, para dar a coñecer a súa proposta coa que pretende evitar que o Camiño Norte discurra polo paso subterráneo da vía en Baamonde e pola estrada que vai a Bóveda para seguir o transcurso do río Parga. Tendo en conta que, o Concello e a Xunta discriminou totalmente ós cidadáns, pois en ningún momento contou con eles para consensuar a nova proposta, Serafín Otero lamenta a incertidume “que estes están a sufrir. Non saben a que aterse. O único que conseguiron é confundilos”.

Deste xeito, denuncia que os gobernos do Partido Popular fixesen este cambio “a escondidas” dos afectados. “En ningún momento a Xunta e o Concello se dirixiron ós cidadáns para saber que opinaban sobre este asunto, a pesares de que dende hai meses xa existía un estudo que tiña como finalidade a modificación do Camiño Norte”. Tendo en conta que os veciños se enteraron da modificación polos medios de comunicación, os socialistas pregúntanse “con que finalidade fai isto o Partido Popular”. Exemplo deste suposto “oscurantismo”, engade o socialista, é que tampouco se lles informou da reunión mantida coa directora xeral celebrada este mesmo mes. “Como pode ser que a comunidade de montes desta localidade acordase asumir os custos das alegacións que presentaron os veciños e o Concello non só non fai nada ó respecto, senón que o que fai é un política de camuflaxe”.

O cambio resposta a “criterios estéticos”, nada máis
O voceiro muncipal socialista subraiou que o treito de Baamonde “é o gran perxudicado” na modificación proposta pola Xunta de Galicia. O Camiño Norte atravesa o centro de Vilalba e diríxese a Baamonde por parroquias do sudeste do municipio, así como por Pígara (Guitiriz). Na saída de Vilalba, preto da Ponte dos Pasos, está previsto un cambio que recolle como trazado alternativo un itinerario de fai séculos que se perdeu co paso do tempo. Unha vez, no municipio begontino, o Camiño recorre o centro de Baamonde e segue pola beiravía da N-VI ata San Alberte (Guitiriz), lugar no que se afasta da estrada.

Por tanto, nesta localidade está previsto un dos cambios máis notables, xa que a ruta alonxaríase cara o este, discurriría por Pacios e seguiría ata Bóveda, logo de cruzar a vía férrea por un paso inferior. “E por que fai isto a Xunta? Só por criterios estéticos. Isto é inconcebible. Non se pode permitir que, para xustificar este cambio, aleguen que o treito que vai da localidade a San Alberte, de algo máis de dous quilómetros, sexa pouco agradable polo personal que traballou na delimitación. Sen dúbida, é unha resposta incoherente e incomprensible. Mentres tanto, levan ós veciños a unha total indefensión e a un malestar innecesario”, concluíu.

Texto: terrachaxa.com

One comment

  1. José G. González González (Vía Facebook)

    Aquí, más que gato, hay tigre encerrado… Ni un minuto más debía presidir la alcaldía ese señor tras haber falseado a sus vecinos en dos ocasiones. Esperemos que, si hay una tercera, no sea su vencida.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top