21/09/2017

A nova delimitación do Camiño Norte desata as primeiras críticas na zona

O novo trazado do Camiño Norte proposto pola Xunta desatou as primeiras críticas na comarca de Terra Chá, onde a ruta discorre polos municipios de Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol. As primeiras reaccións fixéronse notar no municipio begontino, que xa concretou como fundamentará as súas alegacións e onde se acordou que o Concello canalice esas propostas.

A delimitación da Xunta afasta o Camiño Norte cara ao leste ao entrar no municipio begontino. A decisión tomouse para apartalo do polígono que se construirá entre Pacios e Baamonde, localización que se elixiu pola confluencia da A-6 e da A-8 nesa última localidade. Tras chegar a Pacios procedente da parroquia guitiricense de Pígara, a ruta avanza cara ao oeste para entrar en Baamonde, pasa baixo a vía férrea, métese na parroquia de Bóveda e entra de novo no concello de Guitiriz por San Alberte.

Tras unha reunión celebrada no consistorio onte pola tarde, con asistencia dun técnico da Xunta e de veciños, o alcalde, José Ulla, manifestou que o Concello alegaría para manter o trazado actual de Baamonde a San Alberte, paralelo á estrada N-VI, por consideralo acorde coa tradición, aínda que sen renunciar ao establecemento dunha ruta alternativa entre eses dous lugares.
Doutra banda, Ulla, aínda que admitiu que esa nova ruta discorrería por unha contorna máis natural, afirmou que así se percorrería un quilómetro máis, e subliñou que aparecería, sobre todo no inverno, un contratempo: a saída de Baamonde cara a Bóveda farase por un paso baixo a vía do tren no que son habituais os encharcamientos en períodos de fortes choivas.

Texto: Xosé María Palacios (La Voz de Galicia)

 

One comment

  1. Jesus Alonso Penelas (Vía Facebook)

    As cousas cuando funcionan y funcionan bien, cuanto menos las “meneemos” muito millor pa todos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top