Concentración en Baamonde contra o cambio de trazado do Camiño Norte
Continúa a oposición ao cambio de itinerario do Camiño Norte de peregrinación a Santiago. Os afectados pola modificación cortaron a estrada nacional na localidade de Baamonde, para protestar contra o que consideran “un capricho” da administración.
Defenden que o actual trazado se basea en argumentos históricos e aseguran que van seguir protestando co fin de que manteñan a ruta tal cal está actualmente.
O Camiño Norte era o máis utilizado na época do descubrimento da tumba do apóstol Santiago, xa que percorrer o actual Camiño Francés era imposible debido á ocupación musulmá.
Baamonde, firme na súa protesta contra os cambios no trazado do Camiño Norte
A localidade acolleu esta tarde unha manifestación en defensa do actual itinerario
As protestas contra os cambios no trazado do Camiño Norte espertan polémica en varios lugares. Baamonde destacou polas críticas desde que se anunciaron as modificacións, e esta tarde, unha vez máis, evidenciouse ese rexeitamento. Unha protesta de varios centenares de persoas percorreu o centro urbano da vila: pancartas e música animaron a protesta, á que acudiron persoas de varias comarcas.
Mentres tanto, a peregrinación por esta ruta en defensa do actual trazado está xa cerca do fina, pois a próxima semana se chegará xa a Santiago. Esta mañá, en Arzúa, lugar de confluencia do Camiño Norte co Francés, celebrouse esta mañá outra protesta, posto que o trazado delmitado pola Xunta propón unha variante que fixa en Lavacolla un novo punto de unión de ambas as rutas.
Veciños de Baamonde bótanse á rúa
En Baamonde celebrouse unha manifestación en contra do trazado da ruta norte do Camiño de Santiago proposto pola Consellería de Cultura
Os veciños da localidade chairega botaron a chave ás súas casas e negocios e saíron á rúa para reivindicar o que para eles é a única solución viable e aceptable á dilema xerado pola nova delimitación do Camiño Norte proposta da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural: ‘Modificación do Camiño, Non’.
Estaria ahi encantada si hubiera podido
Yo tampoco he podido ir. Pero acabo de firmar en Change y compartido la información para que la gente siga firmando. Fuerza y ánimo. Lo conseguiremos!
A miña mais sincera felicitacion os veciños de Baamonde por a loita que estan levando a cavo en defensa dos seus direitos