21/09/2017

A Frecha Humana Amarela nos medios

Participan nunha frecha humana para pedir que se manteña o Camiño Norte

Malia a néboa, a frecha amarela faise ver. Trátase dunha iniciativa reivindicativa coa que os participantes, veciños dos pobos polos que pasa o Camiño Norte a Santiago, solicitan que non se cambie o trazado.
Cren que non está xustificado o novo trazado, que deixaría fóra da ruta varios núcleos que se veñen beneficiando da proximidade do Camiño. Con chuvasqueiro amarelo, a mesma cor das frechas que indican o trazado do Camiño, os participantes defenden que o actual trazado xa está consolidado.
A intención dos participantes é deixar patente que o trazado fano os propios camiñantes.

Unha gran frecha amarela reivindica o actual itinerario do Camiño Norte

861358_1440698779476595_1136089241_o

Centos de persoas ataviadas con chubasqueiros amarelos participaron hoxe na iniciativa denominada ‘frecha amarela’ que pretende defender o actual itinerario do Camiño Norte xacobeo ata Santiago de Compostela.

A iniciativa contou co apoio da Deputación de Lugo, que no seu día presentou alegacións “contra a modificación do trazado que a Xunta pretende acometer” nesta ruta, en concreto na chamada “etapa 31”, ao seu paso polos municipios lucenses de Guitiriz, Friol e Begonte.

Tamén a actriz galega Luz Darriba participou nesta mobilización, que consistiu en representar unha gran frecha amarela, similar á que sinaliza as rutas do Camiño, formada por centos de persoas que percorreron algúns tramos entre Baamonde (Lugo) e Santiago de Compostela.

A Deputación de Lugo está á espera de que o Goberno galego conteste as alegacións presentadas desde o organismo provincial, que defende un trazado único e sen variantes.

Desde a institución que preside o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, dise que a modificación do trazado do Camiño Norte prexudicaría ao emprego nos municipios afectados.

A frecha amarela chegou esta tarde á capital galega e situouse na praza do Obradoiro apuntando directamente cara ás portas do templo a modo reivindicando o seu trazado actual.

Texto: El Progreso e Axencias

Entrevista con Luz Darriba sobre a “Frecha Amarela”

O malestar pola modificación do trazado do Camiño Norte chega a Compostela

Unha frecha amarela chegou este sábado a Compostela. Unha manifestación diferente, formada por centos de veciños de Baamonde, de Sobrado, de Arzúa, concellos polos que pasa o Camiño Norte a Santiago e que se senten prexudicados pola modificación do trazado proposta pola Xunta, e que dende outubro se agrupan nunha plataforma.

O pasado 9 de agosto a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta iniciaba o proceso de delimitación desta vía, cunha proposta de trazado que foi publicada no DOG do 4 de setembro. Esta proposta modificaba o camiño deseñado en 1992 pola Deputación de Lugo (recuperando un trazado histórico), principalmente a partir de Baamonde, onde a Xunta escolle unha vía distinta, paralela, para chegar a Compostela. A Plataforma de afectados denuncia que estes cambios “carecen do rigor científico suficiente, e modifican o actual itinerario desviando o peregrino por lugares de dificil acceso sen o apoio suficiente no caso de que perigrase a súa integridade fisica”.Tamén critican, e aquí está o cerne do conflito, “o dano que lle fan ao pequeno comercio rural do interior das provincias de Lugo e A Coruña”. Pola contra, os técnicos que realizaron os informes técnicos nos que se asenta a modificación defenden o rigor a solidez da súa proposta

O Camiño Norte entra en Galicia por Ribadeo, a través de dúas vías: unha cruza o Eo, pasa por Ribadeo e segue por Barreiros e Lourenzá; a outra segue pegada ao río, e en Abres (Trabada) encamíñase cara ao interior, confluíndo coa primeira en Vilanova de Lourenzá. Dende alí o camiño diríxese cara a Mondoñedo. O novo trazado proposto pola Xunta modifica o treito entre Mondoñedo e A Xesta (Abadín), situándoo a varios quilómetros ao oeste do actual. Este cambio non xera polémica e baséase tanto en consideracións históricas coma de facilidades para os peregrinos. A seguir, Abadín, Vilalba e Baamonde, onde comeza a diverxencia de pareceres.

De Baamonde, o camiño diríxese a Boimorto, pero a unha distancia considerable da actual vía, algo que na proposta técnica de modificación se xustifica para afastala da N-VI e para achegala ao río Parga. De Boimorto, os peregrinos achéganse até Arzúa, onde xa conectan co Camiño Francés (aínda que historicamente o camiño ía de Boimorto a Lavacolla directamente).

Veciños, alcaldes (mesmo do PP), asociacións de empresarios e mesmo a Deputación defenden o trazado orixinal e presentaron alegacións á proposta do Goberno galego. “A Deputación sempre apoiará calquera acción reivindicativa para que se manteña o actual trazado, en resposta á demanda veciñal e por considerala prexudicial para o emprego nestes municipios”, sinalou o ente provincial, que aprobou por unanimidade a proposta.

Texto: Praza Pública

Unha frecha amarela para defender o trazado do Camiño Norte

Unha frecha amarela formada por centos de persoas percorreu, o 14 de decembro, varios tramos do Camiño de Santiago para non perdermos o Norte. A iniciativa, ideada por Luz Darriba e que contou coa participación activa da Asociación de Amigos da Etapa 31, marchou por 3 tramos do Camiño Norte entre as localidades de Baamonde e Santiago de Compostela, pasando por Sambreixo-Miraz e Arzúa.

5 comments

  1. Teresa Bugaj (Vía Facebook)

    estoy deacuerdo

  2. Pedro Depor (Vía Facebook)

    APOYO TOTAL

  3. Javier Varela (Vía Facebook)

    hay intereses ocultos por parte de 4 amigotes,pero por lo que veo lo que hay que hacer es al peregrino lo que opina

  4. Cristina Rios Santos (Vía Facebook)

    esto e indignant xa sta bn de xogar coa xente e de mentir

  5. Reinhard Kulessa (Vía Facebook)

    Nie rozumiem pomysłu. Ominięcie Miraz i Sobrado de Monxes jest nieudanym pomysłem

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top