21/09/2017

A Deputación de Lugo esixirá que se manteña o actual trazado do Camiño Norte

Polo mantemento do actual trazado do Camiño do Norte

En 1991, a Deputación de Lugo elaborou un rigoroso estudo en que participaron prestixiosos historiadores sobre o Camiño Xacobeo do Norte. O trazado que se recollía nel foi asumido pola Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, someténdoo a exposición pública no 1997 sen recibir ningunha alegación. Con todo, o 4 de setembro deste ano o DOGA publicou a resolución da Xunta pola que se sometía a información pública a proposta de modificación do trazado actual do Camiño do Norte.

Este novo trazado recolle importantes variacións respecto ao vixente que veñen de provocar a resposta de diferentes asociacións, nomeadamente na súa etapa 31. Deste xeito, a Deputación recibiu solicitudes de 5 colectivos –Asociacións de Amigos da Etapa 31, de Veciños de San Breixo, de Veciños das Negradas, e de Veciños de Montenegro de Baamonde-, ademais da do Concello de Friol, pedindo a colaboración do organismo provincial, e mostrando o seu rexeitamento.

Principais alegacións

Por este motivo, a Deputación presentará alegacións sobre as modificacións que atinxen á Etapa 31, dende Baamonde a Sobrado, ao seu paso por Lugo, tendo en conta os seguintes datos:

  • A nova proposta carece de lexitimidade histórica pois “desmonta” o estudo de 1991 de recoñecidos historiadores, xa que apunta que a orixe deste Camiño é de comezos do século XVIII e principios do XIX, omitindo a influencia dos camiños medievais do século IX e do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago.
  • Sen estudo de impacto económico e social. Na proposta non se contempla ningunha avaliación sobre o impacto económico, social e cultural que representaría para os cidadáns en xeral e, especialmente, para os prestadores de servizos e comerciantes das zonas afectadas.
  • Coa modificación do Camiño promovida pola Xunta no Concello de Begonte, ao seu paso por Baamonde, os peregrinos deixarán de pasar polo núcleo da vila, polo Albergue ou polo Castiñeiro Milenario, xa que serán derivados a un novo trazado, que non recollen as guías, sen sinalización e con zonas asolagadas, poñéndoos en risco.
  • Coa nova alternativa proposta da Xunta, o trazado actual que pasa polas parroquias de Santa Leocadia e San Breixo, en Guitiriz, así como o que discorre por Seixón, Miraz, Anxerir, Anafreita, San Mamede de Nodar e Silvela, en Friol, sufrirá un importante impacto socioeconómico negativo sobre máis de 20 actividades xeradoras de emprego que fixan poboación e ofrecen servizos de calidade os peregrinos, para levalos por un trazado que non aparece nas guías, e polo que existen tramos nos que nin sequera hai vías polas que camiñar.

3 comments

  1. Ana Guerrero (Vía Facebook)

    Me gusta.

  2. Vanesa Arias Suarez (Vía Facebook)

    despues d tanto ruido alguien se digna a escuchar…

  3. Alba Fernandez Novo (Vía Facebook)

    a min non me gusta, encantame!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.co.uk

Bookmaker bet365 review by ArtBetting.gr

Germany bookmaker bet365 review by ArtBetting.de

Premium templates by www.bigtheme.net free download.

Online bookmaker Romenia betwin365.webs.com

Scroll To Top